Recta Final, Las Rozas, Aluche e San Xoan, ascendidos o sábado |
SÁBADO 18 DE MAIO, PARA A LEMBRANZA
Día intenso, comezamos mal, os nervos e a responsabilidade como organizadores da fase, fixeronnos sufrir, pero recuperamos, e finalmente gañamos a primeira etapa, diante dos nosos irmáns monfortinos, por un apretado 3-4.
Despois dun xantar conxunto, para recuperar forzas, xogadores para loitar, e o resto para animar incesantemente, sobre todo os nosos compañeiros do club; veciño e amigo, Cidade de Narón, que semellaban máis ser do noso clube, grazas de corazón, David, María, Jose, Jorge, Adrián, Pedro, Lalo, Antón, Bereijo, etc, etc, e a todos os do noso club que se achegaron, Golán, Victor, Fer, Lois, Felipe, Fernando, Jaime, etc, e entre todos alentaron e vitorearon cada punto, que levaron ao equipo á consecución do obxectivo.
Comezamos a tarde co, a priori rival máis duro, que era cabeza de serie, Rivas de Madrid, pero que finalmente foi máis cómodo que Ceibe, finalmente un 2-4 ao noso favor, situabanos con pe e medio na Primeira.
A iso das sete da tarde, tocaba disputar o ser de Primeira ou esperar ao día seguinte, e tal e como foron os resultados do grupo, ata nos valía perder por 4-2, pero nun gran encontro con Chiclana Viprem de Cádiz, logramos a victoria por un contundente 5-1 que nos facía equipo de Primeira Nacional.
Satisfacción e felicidade, polo logro e que a organización estivo á altura.
Ningún comentario :
Publicar un comentario