******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

xoves, 27 de xuño de 2013

ALBERTO NOVO CAMPIÓN GALEGO E ALVARO ILLOBRE 3º EN CADEIRA

O campión Alberto Novo, durante un partido

O SAN XOAN - ADM "A" BRONCE POR EQUIPOS

Alberto Novo, segue a demostrar o seu nivel cun novo titulo, ao gañar o campionato galego por segundo ano consecutivo, ambas edicións xogadas no pavillón de San Xoan.

O subcampión foi José Barrio de Adeco Dea de Noia, e o 3º acadouno o olímpico Alvaro Illobre, quen en pouco tempo se adaptou á raqueta e á mesa, e consegue o seu primeiro podium oficial tamén no tenis de mesa, demostrando o carisma e calidade deportiva que atesoura, e que leva demostrado no tenis e no baloncesto.
Podium equipos con Javi, Alvaro e Alberto á deireita

Ademai ambos lograron o terceiro posto en equipos, co San Xoan - ADM A, formado por Alberto Novo, Javier Mouriño e o mencionado Alvaro Illobre, significar que os 3 xogadores son da modalidade de cadeira, e acadaron o posto xogando con equipos da modalidade de pé, o que dá máis mérito.

Ningún comentario :

Publicar un comentario