![]() |
Victor, Quintero, Patri, Rubén, Alvaro Illobre, Javi Mouriño e Alberto Novo |
TAMÉN SUBIU AO 3º ESCALÓN, JORGE MARTÍN (Narón)
Na xornada do domingo, despois da resaca festiva, tivo lugar a proba absoluta, tanto masculina, como feminina, na que 5 dos 8 que subiron ao podium, son de San Xoán e Narón.
Na proba masculina tocou un duelo entre dous dos nosos mellores xogadores, o que podería ser a final, nas semifinais, entre Diego Quintero e Rubén García, 3-2 con puntos bonitos, que puido gañar calquera, e cando parecía que Rubén remontaba un 2-0, foi finalmente Quintero, máis experimentado, quen selou o seu pase á final.
Quintero foi finalmente segundo, xa que foi vencido na final por Marcos Sanmartin de Helios, Rubén 3º ao igual que Jorge Martín de Narón. Na categoría feminina, con enfrontamentos entre as nosas xogadoras, Noa vence en 1/4 a María Calvo, perdendo logo en semis con Belén Sañudo, quen nun clásico con Laura Fernández, perde a final, rematando cun segundo posto, Noa 3ª.
Ningún comentario :
Publicar un comentario