![]() |
A representación do club á saída do Concello. |
POLOS ASCENSOS A PRIMEIRA NACIONAL E PRIMEIRA AUTONÓMICA
Unha representación do club formada por Antonio Casal, Rubén García, Fernando López, Victor Páez, Lois Rico, Felipe Piñón e o presidente do club Manolo Fernández, foi recibida pola concelleira de deportes do Concello de Ferrol, Susana Martinez Galdós, en nome do Alcalde, que non puido acudir, como homenaxe polos ascensos a PRIMEIRA NACIONAL e PRIMEIRA AUTONÓMICA, e a case segura A SEGUNDA NACIONAL, xa que estamos de 1º reserva estatal.
Agradecemos éste detalle polo esforzo e éxito acadado polos xogadores do club que levan á cidade departamental ao mapa do tenis de mesa español, con letras cada vez máis grandes.
Agardamos poder seguir celebrando éxitos en vindeiros anos, e que as máximas autoridades municipais sigan apoiando para poder acadalos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario