******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

domingo, 16 de xuño de 2013

SAN XOAN "FORNO DE ROSALIA" SUBCAMPION GALEGO DE VETERANOS +50

Ton e Fernando no podium en Lugo

TON E FERNANDO LOGRAN O 3º SUBCAMPIONATO CONSECUTIVO

Ton e Fernando García logran o terceiro subcampionato por equipos e diante do mesmo rival, o CTM Coruña.
No 2011 foi en Cangas do Morrazo, no 2012 en San Xoan e no 2013 en Lugo. 

En veteranos +40, o SAN XOAN - CAFETERIA IPANEMA, finalizou 10º, posición que sería outra mellor, de contar coa presenza de José Manuel Fernández "Golán", que foi baixa de última hora.


Lugo organizou por primeira vez o Campionato Galego de veteranos, nun pavillón de calidade como é a Casa do Deporte de Lugo, e que culmina o bo facer do club Dez Portas, que sendo un club xoven como o noso, reivindica un papel importante dentro do tenis de mesa galego.

Parabéns ao Dez Portas por facer que Lugo teña protagonismo na organización de campionatos galegos, agardamos que sexa o primeiro de moitos.

Tamén destacar a parte lúdica, o ARDE LUCUS, xa que despois de xogar poidemos disfrutar da época romana en plan festeiro, na cidade amurallada.

Ningún comentario :

Publicar un comentario