******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 21 de xaneiro de 2014

CARA E CRUZ NA TERCEIRA NACIONAL

DERROTA NO DERBI E VICTORIA DIANTE DO CONXO COMPOSTELANO

A pasada fin de semana o equipo da terceira nacional, o San Xoan Xuvenil, tivo unha fin de semana completa, xa que o sábado desprazábase a Caranza a disputar o derbi co Ferrol, que tivo moito respeto, xa que se reforzou para ésta ocasión co veterano José Antonio Bellas, que xunto con Piñeiro e Nodar tiñan a fin de poder asegurar a victoria (6-1) xa que son un equipo de segunda nacional, que por circunstancias está na terceira. Agardemos que ao final da tempada poidamos celebrar ambos clubs o ascenso de categoría dos dous equipos.

O domingo ás 9,30 recibiamos ao Conxo compostelano, para rematar a primeira volta, cunha victoria por 5-2, con puntos de Ton 2, Jonatan Suspes 2 e o dobre, únicamente perdeu Andrés Suspes, que debutaba, e que ainda que con boas sensacións, está falto de rodaxe, xa que leva anos sen xogar, pero que en breve poderá demostrar a súa calidade.


Ao remate da primeira volta o equipo situase na segunda praza, igualado co Arteal, en posición de ascenso á segunda nacional.

PostoEquiposEXEGEPPFPCPuntos
1Club Ferrol T.M.11110651222
2 San Xoán T.M. Xuvenil1192581918
3Arteal Ventanas1192552218
4C.T.M. Lalín1174492814
5Conxo T.M.1174403714
6Oroso T.M.1165354212
7Naronense1156383910
8Anorthosis Vimianzo114730478
9EFEGA Formación S.D. Ribadeo113827506
10S.D. Hípica113820576
11Breogán Oleiros "D"112923544
12Breogán Oleiros "B"1101122550

Ningún comentario :

Publicar un comentario