Logo do adiamento do encontro pola participación de Rubén no Torneo da Póvoa de Varzim coa selección galega sub21, coa AD Vincios de Gondomar, tocaba a súa disputa o pasado sábado ás 18,30 no pavillón de San Xoan.
Ninguén se imaxinaba que finalmente resultara un fiasco, e que iamos recibir unha reprimenda de tal calibre, un 0-6, e que por primeira vez na liga rematabamos un encontro con menos de duas victorias individuais.
O mal día dos nosos tres xogadores, xuntouse con que os dous primeiros partidos de David e Rubén, ben poideron dar lugar a un 2-0 en lugar do 0-2, e que foi como unha lousa que pesou demasiado, e que por se fora pouco, logo de xogar Martin Pintos e Rafa Otero, o terceiro xogador da AD Vincios, era nada menos que o veterano e gran xogador Angel Iglesias, que formara parte da selección española de xoven cando militaba no Mercantil de Vigo, e como se soe dicir, quen tivo retivo, e cando nos quixemos decatar, tiñamos un 0-6 enriba.
PADRE ISLA - SARIEGOS
Cos ánimos polo chan, tiñamos o domingo visita do Padre Isla de León, así que tocaba, pasar páxina e afrontar un novo encontro poucas horas despois.
A pesar de que Rubén cedeu por 3-2 no primeiro partido, logo con catro victorias consecutivas, respiramos tranquilos, xa que eran dous puntos moi importantes, e así quedamos a expensas dunha victoria para asegurar a permanencia, que perigaría no caso de sair derrotados deste encontro. Lograron os puntos, Cristóbal 2, David 1 e Rubén 1.
Temos agora tres oportunidades para acadar 2 dos 6 puntos en xogo e asegurar a permanencia na nosa primeira participación na Primeira Nacional.
SEGUNDA NACIONAL
O equipo da Segunda Nacional, disputaba un derbi desigual co lider o Cidade de Narón, que simplemente ten que certificar o ascenso directo, e o noso equipo que xa non se xoga nada, e que finalizou por un moi claro 6-0, dada a diferenza de nivel de ambos equipos.
SEGUNDA NACIONAL
O equipo da Segunda Nacional, disputaba un derbi desigual co lider o Cidade de Narón, que simplemente ten que certificar o ascenso directo, e o noso equipo que xa non se xoga nada, e que finalizou por un moi claro 6-0, dada a diferenza de nivel de ambos equipos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario