COA SALVACIÓN DO EQUIPO DE PRIMEIRA NACIONAL, ACADANSE OS OBXECTIVOS
Coas victorias desta fin de semana na Primeira Nacional, por 1-5 ao Club do Mar da Coruña, e do de Terceira Nacional por 6-1 ao Oleiros D, consiguense os obxectivos marcados a principio de tempada, coa permanencia na Primeira Nacional, así como tamén na Segunda Nacional, e o ascenso do equipo de Terceira o Xuvenil, que acompañará aos veteranos da Segunda que pechan a participación nesta campaña visitando Valladolid nun dobre desprazamento na última xornada.
Quedan dúas xornadas para rematar, e que disputaremos xa con maís tranquilidade, sen a presión de ter que acadar un obxectivo concreto.
Tamén se pechou a competición dos dous equipos da Segunda Galega, con sorte dispar, ambos xogaron na Coruña, o ADM con victoria 3-4 diante do Grumico, rematando na quinta praza, felicitar a Alberto Novo, Alvaro Illobre, Fran Pérez, que foron os que mais xogaron, así como a Sasha Moreira que aportou victorias que serviron para trunfos do equipo, que tamén completaban, Jesús Aneiros, Lois Rico e Manolo.
O equipo infantil perdeu por 7-0 no seu último encontro no local da SD Hípica, e ainda que non lograron vencer ningún encontro, resulta positiva a progresión nesta primeira participación regular de Yeray Ponce, Kevin Pérez, Mario Martinez, Nuno Baamonde, Fernando Orjales e Marco Salzano.
Ningún comentario :
Publicar un comentario