Alberto Novo, durante un dos partidos do Campionato Galego |
ALBERTO NOVO, LOGRA UN NOVO TÍTULO NO SEU AMPLO PALMARÉS, NA CATEGORÍA DE PÉ RUBÉN VEIGA DE NARÓN ACADA O SEU PRIMEIRO TÍTULO
O xogador do club, Alberto Novo, acada un novo título na modalidade de cadeira, acompañado no podium por Javier Mouriño e David Rivera de Grumico da Coruña. Salientar que Alvaro Illobre non puido participar ao estar disputando a copa do mundo de tenis en Holanda.
Na modalidade de pé, o naronés Rubén Veiga é o novo campión, na súa primeira participación, acompañarono no podium Yago Pita do Club do Mar e Juan Monzón de Cidade Narón.
Na proba de equipos, resultou campión o club Cidade Narón, subcampión Grumico A, sendo San Xoan-ADM Ferrolterra o 3º clasificado.
Ningún comentario :
Publicar un comentario