Alberto Fernández de Aspanaex, nun momento da competición. |
ALBERTO FERNÁNDEZ (ASPANAEX) E VANESSA TATO (MENDEZ NUÑEZ), CAMPIÓNS GALEGOS INDIVIDUAIS
O pasado sábado 24 de maio disputouse o III Campionato Galego de Persoas con Discpacidade Intelectual, no pavillón do CEIP San Xoan de Filgueira, onde ten a sede o club San Xoan, coorganizador do mesmo xunto coa Federación Galega, no que se proclamou por terceira vez consecutiva, campión o Vigués Alberto Fernández, e a Pontevedresa Vanessa Tato.
A proba colectiva foi para a Asociación Mendez Nuñez de Pontevedra, segundo Aspanaex.
Resaltar a motivación de todolos xogadores e xogadoras participantes, que se sentiron protagonistas co arroupe dos participantes no III Torneo Cidade de Ferrol.
Desde o club San Xoan, queremos animar á participación a todalas asociacións, coa fin de ir incrementando o número e que pouco a pouco se vaian integrando na participación diaria dos clubes.
Ningún comentario :
Publicar un comentario