******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

xoves, 22 de maio de 2014

III TORNEO ABERTO "CIDADE DE FERROL"

Susana Martinez, concelleira de deportes e o presidente do club Manolo Fernández


FOI PRESENTADO NA CASA DO CONCELLO 

A concelleira de deportes do concello de Ferrol e o presidente do club presentaron en rolda de prensa os eventos a realizar nos tres vindeiros fines de semana.

Éste sábado 24 e domingo 25 comezamos co xa tradicional III TORNEO CIDADE DE FERROL, que leva á par os III CAMPIONATOS GALEGOS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, a levar a cabo no pavillón do CEIP SAN XOAN DE FILGUEIRA, onde ten a sede o club.


Na seguinte fin de semana terán lugar tamén no pavillón de San Xoan, o XXVII CAMPIONATO GALEGO XUVENIL, e o XVI CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN.

Para rematar o 7 e 8 de xuño terá lugar no pavillón municipal de Esteiro o XVI TORNEO IBÉRICO, de seleccións alevíns, participando as españolas ANDALUCIA, CASTILLA E LEON, CASTILLA A MANCHA E GALICIA, e as portuguesas AVEIRO, MADEIRA, PORTO e VILA REAL.

Estes eventos converten a Ferrol no centro de atención do tenis de mesa galego e incluso a nivel nacional e internacional, e na que o club San Xoan está sumamente implicando correndo con toda a organización xunto coa Federación Galega de Tenis de Mesa, e contando co inestimable patrocinio da CONCELLERÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE FERROL.

Galicia Artabra tamén se fixo eco dos eventos http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/82682

Ningún comentario :

Publicar un comentario