******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******
Amosando publicacións coa etiqueta circuito galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta circuito galego. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de setembro de 2015

FERNANDO ORJALES CAMPION SUB23 EN CANGAS

Fernando Orjales no centro do podium

VENCEU NA FINAL AO CORUÑÉS GABRIEL FERNÁNDEZ.

Este triunfo confirma a boa progresión do xuvenil Fernado Orjales, que apenas leva dous anos no club, e que procedía da natación, pero que ten unha capacidade de aprendizaxe moi boa, e agardamos que siga escalando nas diferentes categorias a través dos equipos do club.

Nesta tempada vai xogar na Primeira División Galega, logo do ascenso acadado a tempada anterior, formando equipo con Alberto Novo e María Calvo.

Queremos desde aqui felicitalo e animalo a seguir con esa tesón para acadar grandes metas.

martes, 27 de maio de 2014

III TORNEO INTERNACIONAL "CIDADE DE FERROL" DE TENIS DE MESA

Podium absoluto masculino, coa concelleira Susana Martinez.



RUBÉN GARCÍA 2º E DAVID MEIZOSO 3º, REPRESENTARON AO CLUB NO PODIUM

O xogador de Ribadumia e pertencente ao Helios Bembrive de Vigo, Marcos Sanmartin logrou por segunda vez o título na proba absoluta do torneo organizado polo club, Marcos venceu nas semifinais a Daniel Sánchez de Oleiros. Na proba feminina foi a xogadora de Arteal Judith Cobas a vencedora, segunda a ferrolana Diandra Cobelo, do club Cidade de Narón, e semifinalistas María Calvo de Cidade Narón e María Pena de Cinania.

xoves, 22 de maio de 2014

III TORNEO ABERTO "CIDADE DE FERROL"

Susana Martinez, concelleira de deportes e o presidente do club Manolo Fernández


FOI PRESENTADO NA CASA DO CONCELLO 

A concelleira de deportes do concello de Ferrol e o presidente do club presentaron en rolda de prensa os eventos a realizar nos tres vindeiros fines de semana.

Éste sábado 24 e domingo 25 comezamos co xa tradicional III TORNEO CIDADE DE FERROL, que leva á par os III CAMPIONATOS GALEGOS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, a levar a cabo no pavillón do CEIP SAN XOAN DE FILGUEIRA, onde ten a sede o club.

mércores, 29 de agosto de 2012

CIRCUITO GALEGO

Diego Quintero 2º en Monforte
Amigos e amigas, disculpade a demora en actualizarnos, a partir de agora vamos procurar estar ao día.

Como indicamos no título segue a actividade competitiva cos torneos do Circuito Galego, despois do de Monforte, no que o que vai ser xogador do club a partir desta tempada que comezaremos en cuestión de días, Diego Quintero, acadou o 2º posto despois dunha disputada final con Martín González (3-2) de Arteal, que está nun bo momento de forma, e apeando en semis a Ignacio Fernández, xogador do equipo de DH de Monte Porreiro, tamén noutro disputado 3-2.
Neste mesmo torneo Rubén García tamén nos dou unha grande alegría ao vencer en dezaseisavos a José Manuel Barros de Padre Isla de León, bo xogador defensivo, ao que Rubén venceu cunha claridade absoluta por 3-0.
Eles foron os mellores clasificados xunto con José Manuel Fernández (Golán), e tamén participaron Fernando García, Antonio Casal, Victor Paez e Fernando López.

Logo continuou a actividade co Torneo da Coruña, organizado polo Club do Mar, onde o sábado Rubén García acadou o 2º posto en xuvenil, como resultado mais destacado, e o domingo Diego Quintero foi o mais destacado apeado en 1/4 polo nixeriano Lawai Abioudum.

Finalmente o pasado fin de semana disputouse o mítico Torneo do Albariñó en Cambados, onde o resultado máis destacado o domingo foron os veteranos Fernando García e José Manuel Fernández apeados en 1/8 da categoría conxunta de veteranos, e o sábado Rubén García quen quedou apeado en  absoluto masculino por Fernando Padín de Cambados nos 1/16 de final.

luns, 23 de xullo de 2012

Torneo Festas Patronais de Monforte

A pesar de estar de vacacións, o Circuito Galego, reanuda o ciclo de torneos o vindeiro domingo 12 de agosto na vila luguesa de Monforte de Lemos, nun torneo organizado polo club Ceibe TM.

En breve publicarase a normativa na web da FGTM, indicando así o prazo de inscrición, e salientar que volve ao seu formato de só categoría absoluta, despois de que o ano pasado fora organizado tamén en categorias.