![]() |
Formacións no encontro con Marpex |
UN ANO MAIS NA PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA
Até a vila de Les Borges Blanques se desprazou o primeiro equipo masculino do club, a pasada fin de semana, coa fin de disputar a fase de ascenso á División de Honra masculina.
Alí se concentraron 18 equipos, primeiros, segundos, terceiros e 2 cuartos, por renuncias de dous equipos, o que favoreceu a nosa participación como mellor cuarto dos seis grupos da primeira nacional.
No primeiro dos sorteos, tocounos enfrontar ao Alzira valenciano, segundo do grupo 5, ao que vencemos por 2-4 na mañá do sábado.
No seguinte sorteo, xa non tivemos un rival tan asequible, xa que foi o segundo do grupo 3 o Marpex de San Sebastian, na foto, nun ateigado pavillón, e que nos venceu por 4-1, rematando así a nosa participación en dita fase.
Logo de finalizada a fase e aplicando a normativa, o club San Xoan fianliza como 6º equipo reserva, en caso de renuncias dos equipos que teñen dereito a participar na categoría de prata no vindeiro ano.
Queremos agradecer aos patrocinadores e a todos os que nos apoiaron nesta tempada, así como felicitar aos xogadores do primeiro equipo pola gran campaña.
FELICITACIÓN ESPECIAL, ao equipo feminino, que logrou o ASCENSO Á DIVISIÓN DE PRATA.
Parabéns tamén aos chavales que salvaron a categoría na Segunda Nacional, e ao equipo inclusivo SAN XOAN - ADM que ascenderon á Primeira Galega.
Ningún comentario :
Publicar un comentario