O EQUIPO FORMADO POR RUBÉN GARÍA, FERNANDO LÓPEZ, VICTOR PAEZ E ADRIÁN BEREIJO
A pasada fin de semana, tivo lugar a disputa dos campionatos galegos alevín e sub23, e foi neste no que o club obtivo dous podiums, un a nivel colectivo bronce, logo de vencer en grupos 3-1 a Cidade de Narón, e perdendo por un axustado 3-2 co vencedor Arteal de Santiago.
Nas semifinais fronte ao club do Mar da Coruña, ainda que disputado, saimos derrotados por un resultado de 3-1, salientando o estado de forma do xogador herculino Adrián Arias, ainda que o xogador base ferrolano Rubén García tamén xogou a un moi bo nivel, ao igual que os seus compañeiros Fernando López, Victor Paez e Adrián Bereijo.
A nivel individual outro bronce, de Rubén García, que foi apeado tamén nas semifinais por Adrián Arias, co que perdeu por 3-2, logo de remontar un 2-0, pero que finalmente lle impediu acceder á final.
No campionato alevín, o club estivo representado por Nicolás López e o benxamin Marco Salzano, que participaron a nivel individual e dobres, sendo terceiros de grupo en individual e caendo en oitavos de dobres.
Ningún comentario :
Publicar un comentario