![]() |
| O encontro de 1ª galega |
1ª Galega e 2ª Nacional Feminina en San Xoan
![]() |
| 2ª nac fem, Ana, Patri e Sasha |
Nada máis tomar o café, na tarde do pasado sábado, retomamos as competicións no noso pavillón, primeiro coa con centración da segunda nacional feminina, que disputaron os equipos do grupo norte, Cidade de Narón, Dez Portas Bispo Aguirre, Dez Portas Tospin TT e Concello de Vilalba, e do grupo centro, Club do Mar, Aluminios Xeal de Zas, SD Hípica e San Xoan-Cafetería Ipanema.
Serio correctivo en primeira galega
Por un claro 1-6 venceu o Arteal Ventanas, erixindose co Lalín e Narón nos claros favoritos a subir de categoria, para disputarse posiblemente as 2 prazas que permitan xogar o vindeiro ano na segunda nacional, e nada poideron facer os nosos veteranos xogadores, ainda que o resultado ben puido comezar dun xeito diferente o encontro, xa que Fernando e Golán perderon por 2-3 diante de Manuel Calvo e Pablo Lois, e o que foi un 0-2, puido ser un 2-0, e co 0-3 de Jaime con Carlos Nogueira poñía a victoria local como unha meta casi imposible.
Iso non é excusa xa que o Arteal é un equipo superior e bastante equilibrado, e ao final a liga vai colocando a cadaquen non seu lugar.
O punto da honra filgueirense foi de Golan diante de Carlos Nogueira por un 3-2.
A verdade é que o frio da tarde ferrolana íase quitando tralos primeiros partidos, e que depararon que o Dez Portas Tospin comandado por Noelia Teijeiro, quen venceu a Laura Fernández do Club do Mar por un claro 3-0, se erixe nun claro favorito a gañar ésta liga, seguido polo propio Club do Mar e as peques do Cidade de Narón, Claudia e Helena.
O equipo do club formado por Ana, Sasha e Patri, logrou soamente unha victoria nos catros encontros disputados, e que foi diante do TDM Concello de Vilalba por un axustado 3-2, que as deixa no oitavo posto da táboa.
Salientar que Ana Abad, naronesa que leva pouco tempo adestrando, vaille collendo o ritmo á competición, e que Patri sigue cos seus problemas físico no cóbado, pero que a súa vontade por xogar supera calquera adversidade.
Salientar que Ana Abad, naronesa que leva pouco tempo adestrando, vaille collendo o ritmo á competición, e que Patri sigue cos seus problemas físico no cóbado, pero que a súa vontade por xogar supera calquera adversidade.


Ningún comentario :
Publicar un comentario