| O equipo titular sigue na boa liña |
O primeiro equipo do club mantén todalas súas opcións de poder seguir optando a subir de categoría, ainda que non sexa un obxectivo imperioso, e a victoria por un moi claro 0-6 diante do Monte Porreiro, un equipo que comparte con nós a zona alta da táboa, deixa ao equipo ao final da primeira volta da liga a 4 puntos do ascenso directo á primeira nacional.
O primeiro partido foi para Quintero por 1-3 a Cristofer, logo Rubén vencía a Angel Rodriguez por 2-3, e de seguido e por idéntico resultado, Ton tamén vencía a Rafa Alonso, que poñía unha vantaxe cómoda para o noso equipo, e que remataron con outras 2 victorias cómodas de Quintero 0-3 con Angel, tamén Rubén a Rafa e Ton lograba tamén a victoria por un 2-3 diante de Cristofer.
Felicitar ao equipo pola entrega, e a seguir así para mellorar os rexistros da primeira volta.
Ningún comentario :
Publicar un comentario