Esta fin de semana tivemos que facer unha dobre visita a Lugo en 2ª galega e en 3ª galega.
0-7 ao Dez Portas en 2ª
Nova victoria contundente do equipo dos chavales, que mantén a loita polo 1º posto da táboa co Ferrol TM, e que dirimirán o vindeiro domingo ás 11 horas no pavillón de San Xoán, quen gañe colocarase de líder cunha victoria de avantaxe, para afrontar a segunda parte da liga, agardando a visita da SD Hípica, outro equipo que ten opicións e o único que venceu ao noso terceiro equipo.
7-0 do At. San Antonio ao San Xoan C en 3ª
Nada puido facer o noso xoven equipo, formado polos alevins Yeray Ponce e Kevin Pérez, e a infantil Sasha Moreira, que foron superados por un equipo lucense que os superaba en idade, e que os superou no xogo.
O importante é que os nosos pequenos xogadores e xogadoras se vaian afacendo á competición e mellorando aos poucos, para ir formando parte dos equipos de superior categoría do club.
Ningún comentario :
Publicar un comentario