******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 29 de xaneiro de 2013

PLENO EN LIGAS NACIONAIS

Belén e Noa, duas compoñenetes do equipo
DUAS VICTORIAS NA VISITA A LEÓN NA PRIMEIRA NACIONAL FEMININA

Belén, Noa, María e Diandra, sumaron os puntos en xogo na dobre visita desta fin de semana a León, superando por 1-5 ao colista Veguellina de Órbigo, con 2 puntos de Belén, 2 de Noa e 1 de Diandra, e tamén a un equipo habitual e que o ano pasado disputou a División de Honra, liderado agora por Cristina, como é o Casa Asturias e ao que superaron por 2-4, con 2 puntos de Noa, 1 de María e 1 de Belén.

Parabéns as catro polos resultados que as achegan aos postos de promoción de ascenso á división de honra.


NOVA VICTORIA NO DERBI CO CLUB FERROL NA SEGUNDA NACIONAL MASCULINA

A pesar do ambiente encrespado do público e xogadores locais na Casa do Deporte de Caranza en Ferrol, pretendendo desentabilizarnos, o primeiro equipo masculino do club, venceu por 2-4, no que tanto Rubén como Quintero demostraron a súa superioridade nos seus partidos, acompañados por Ton en estado de recuperación dunha gripe, e que ainda así mantivo a competitividade, cedendo os seus partidos por 3-1 con Andrés Nodar e 3-2 con Edu Alonso.

Esta victoria xunto coa derrota do Cambados, deixa ao equipo, cun encontro menos, de segundo a 6 puntos do líder Arteal, que nos visita na vindeira fin de semana, nun encontro crucial cara a poder ascender á primeira nacional.

ACTA DEL PARTIDO CON FECHA : 26/01/2013 Jornada: 13

CLUB FERROL TM2CLUB SAN XOAN TM4
JOSE PIÑEIRO S.DIEGO QUINTERO B.0-3
EDUARDO ALONSO S.RUBEN GARCIA R.0-3
JOSE ANDRES NODAR E.ANTONIO CASAL S.3-1
JOSE PIÑEIRO S.RUBEN GARCIA R.1-3
JOSE ANDRES NODAR E.DIEGO QUINTERO B.1-3
EDUARDO ALONSO S.ANTONIO CASAL S.3-2

Ningún comentario :

Publicar un comentario