******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

luns, 28 de outubro de 2013

ILLOBRE 3º NO OPEN DE VALENCIA

Álvaro en plena acción

UN NOVO PODIUM PARA O CAMPIÓN 


O xogador do club,  o olímpico en Pekin 2008, Álvaro Illobre volta a a subir ao caixón no Open de Valencia, de tenis adaptado, neste caso ao terceiro lugar, ainda que o recentemente campión de España coa Selección Galega, optaba a todo.

Na final de consolación, Alvaro gañou con autoridade cun 6-1 6-1 a Rubén Pérez, de Madrid, o que certifica a calidade e o bo momento do atleta e polideportivo ferrolterrán.

Agardamos que sigan os éxitos, na vindeira fin de semana, agora coa pala pequena, no zonal clasificatorio de Lalín, para os campionatos de España de tenis de mesa.

1 comentario :