******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

xoves, 29 de maio de 2014

CAMPIONATOS GALEGOS EN SAN XOAN


Victor Páez representará ao club no Campionato Xuvenil

 OS CAMPIONATOS GALEGOS XUVENÍL E BENXAMIN DISPÚTANSE ESTA FIN DE SEMANA

Os mellores xogadores e xogadoras galegos, disputarán as probas das categorías xuvenil e benxamín, nas modalidades de equipos, individual, dobres e dobres mixtos.




Na categoría xuvenil, Rubén García, Victor Paez, Fernando López, Lois Rico, Yeray Ponce e Fernando Orjales van a representar ao club.

Na categoría benxamín, Marco Salzano, Rodrigo Barrera e Iván Franco serán os que defendan as cores do club.

Chegamos polo tanto ao ecuador organizativo que nos propuxemos a comezo de tempada, con tres fins de semana intensos, pero que o facemos con gran ilusión aproveitando o amplo espazo que ofrece o pavillón do CEIP San Xoán, onde temos a nosa sede, e agardamos teñades unha boa estancia entre nós.

Ningún comentario :

Publicar un comentario