******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 27 de maio de 2014

III TORNEO INTERNACIONAL "CIDADE DE FERROL" DE TENIS DE MESA

Podium absoluto masculino, coa concelleira Susana Martinez.



RUBÉN GARCÍA 2º E DAVID MEIZOSO 3º, REPRESENTARON AO CLUB NO PODIUM

O xogador de Ribadumia e pertencente ao Helios Bembrive de Vigo, Marcos Sanmartin logrou por segunda vez o título na proba absoluta do torneo organizado polo club, Marcos venceu nas semifinais a Daniel Sánchez de Oleiros. Na proba feminina foi a xogadora de Arteal Judith Cobas a vencedora, segunda a ferrolana Diandra Cobelo, do club Cidade de Narón, e semifinalistas María Calvo de Cidade Narón e María Pena de Cinania.


Tamén se disputaron as categorías, benxamin, alevín, infantil, cadete, sub-23, senior, veteranos +40, veteranos +50, veteranos +60 e veteranas.

Outros podiums do club, foron, Marco Salzano semifinalista benxamin, Yeray Ponce semifinalista infantil, Jaime Martinez semifinalista +40, e Antonio Casal semifinalista +50.

Salientar o debut en competición das benxaminas do club Sara María Hernández e Sara Lorenzo, sétima e oitava.

Podedes ver os resultados completos en www.fgtm.es e as fotos no facebook do club 




Ningún comentario :

Publicar un comentario