******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 25 de novembro de 2014

PRIMEIRA NACIONAL: COMODO TRIUNFO

Mateo Cibantos

ÚNICO EQUIPO INVICTO

Unha vez finalizada a sétima xornada o primeiro equipo do club, que venceu comodamente ao San Sebastián de los Reyes de Madrid por 6-0, sitúase colider co Progreso de Madrid, que foi derrotado por outro equipo galego o AD Vincios por 3-4, o que apreta ainda mais a cabeza da táboa na que Vincios e San Xoan están a plantar batalla aos equipos madrileños de Progreso e Rivas Promesas, na pelexa polos 3 postos que dan dereito a disputar a fase de ascenso á División de Honra.

Mateo Cibantos, Cristóbal Fernández e Rubén García, estanse a mostrar como un equipo compacto, dificil de vencer, e van pasar a proba máis dura da tempada na vindeira fin de semana no desprazamento a Madrid, para enfrontarse precisamente aos equipos cos que se está a xogar os postos de privilexio do grupo. 

Os resultados, ainda que non van ser definitivos, poden empezar a desfacer un pouco a grande igualdade que hai, e que pode manterse até o final de liga, no que é o grupo máis forte da Primeira Nacional masculina.

Ningún comentario :

Publicar un comentario