![]() |
| Alberto Novo |
O equipo Infantil segue a rodarse
Os equipos da Segunda Galega, seguen na súa liña, e marcando os obxectivos previstos.
O sábado o ADM Ferrolterra, visita os chavales de Cambre, vencendo por 2-4, con puntos de Alberto Novo (2) e María Calvo (2), tamén xogou Sasha Moreira.
O equipo Infantil visitaba o Club do Mar Infantil, e saíu derrotado por 5-1, xogaron Nuno Baamonde, que puntuou, Sara María Hernández e Marco Salzano, cunha media de 9 anos, e que lles serve para ir rodandose na competición, seguir a mellorar, xa que son nenos da escola deportiva do club, que nalgún caso ainda é o primeiro ano, nesta dificil disciplina deportiva.

Ningún comentario :
Publicar un comentario