******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 2 de decembro de 2014

SEGUNDA NACIONAL: UNHA DE CAL E UNHA DE AREA

As formacións de San Xoan e Berciano Toralense
Dobre cita tiña o segundo equipo do club, que xoga no grupo 2, na provincia de León, o sábado en Sariegos, ante o potente Padre Isla, candidato firme a recuperar a Primeira Nacional, por un contundente 6-0, únicamente Jonatan Suspes, foi quen de poñer en apretos ao veterano José Manuel Barros, quen ía gañando por 1-2, ainda que Barros acabou remontando.

Mellor resultou o encontro do domingo en Toral de los Vados (Bierzo Leonés), onde xogabamos un encontro cun rival directo por evitar o descenso de categoría, e os rapaces responderon, Jonatan Suspes (2), Victor Paez (1) e Fernando López (1), sacando ao equipo da zona de perigo, ainda que empatados nun grupo de 4 equipos a 6 puntos, situando ao Zamora na zona vermella.

SAN XOAN VETERANOS

Os veteranos que xogan no grupo 1 seguen sen acadar a primeira victoria, e voltaron a sair derrotados por segunda semana consecutiva, no dobre que decide ao chegar a empate a 3 puntos, acadados por Ton Casal (2), Fernando García (1), tamén xogou José Manuel Fernández "Golán", quen perdeu os seus partidos por sendos 3-2.
O equipo pecha a táboa clasificatoria, tendo dificil a súa salvación, cando se leva case a metade da liga.

Ningún comentario :

Publicar un comentario