******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

venres, 20 de febreiro de 2015

NA RECTA FINAL E TODO POR DECIDIR

OS PRIMEIROS EQUIPOS DO CLUB PENDENTES DE CLASIFICAR PARA FASES DE ASCENSO

O equipo de Primeira Feminina, Paula Padín, María, Noa e Sasha, falta Paula Fdez.
Logo de case dous tercios da tempada, os primeiros equipos do club están na loita por acadar esas prazas que dan dereito a xogar a fase de ascenso á División de Honra, tanto masculina como feminina.

Na última xornada na Primeira Masculina, a derrota diante do Progreso de Móstoles, veu a complicar un pouco o obxectivo, xa que agora toca non fallar nas visitas que nos teñen que facer outros equipos da parte alta da táboa, como Rivas Promesas e Oroso, ou na visita a Gondomar.

O equipo da Primeira Feminina disputará duas concentracións, unha en Narón, co equipo local e o CTM Coruña, e outra no pavillón de San Xoan, recibindo aos equipos de fóra de Galicia, e nas que se xoga tamén poder acadar unha praza que nos permita poder optar ao ascenso de categoría.

Toca polo tanto traballar e centrarse para tentar de polo menos ter opción de disputa de ambas fases, e que de lograr algún dos ascensos, sería un salto cualitativo na curta historia do club, que o pasado día 18 cumpriu 6 anos.

Resto de categorías


Polo que atinxe á Segunda Nacional, o Hotel Chips San Xoan, que xoga no grupo 2, ten practicamente lograda a permanencia, mentras que o San Xoan Veteranos que xoga no grupo 1, ainda sen puntuar, é prácticamente equipo de Terceira Nacional.

Por outra banda no grupo Noroeste da Segunda Galega o San Xoan ADM Ferrolterra, agás sorpresa, é practicamente novo equipo de Primeira Galega. Ainda permanece invicto, é o único do club que manten a imbatibilidade.

Ningún comentario :

Publicar un comentario