![]() |
| María Calvo |
María Calvo e Noa Fernández representantes do club
Nesta fin de semana disputase o Torneo Estatal, cos xogadores e xogadoras clasificados nos Torneos Zonais e no Nacional de Madrid, en todalas categorías.
María Calvo en senior feminina e Noa Fernández en Sub23 feminina, son as representantes do club, ainda que habendo máis clasificados do club, que non poden asistir por diversos motivos.
Tanto María como Noa, disputan os seus partidos de grupo mañá sábado pola mañá, agardemos que nos comuniquen boas novas ao resto do club.
Desexamos ás nosas representantes, así como ao resto de xogadores e xogadoras galegas, que logren os mellores éxitos posibeis, coa fin de deixar nun bo lugar o tenis de mesa galego.

Ningún comentario :
Publicar un comentario