******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

luns, 8 de agosto de 2016

BOA TEMPADA 2015-16

Recepción polo ascenso do equipo masculino á División de Honra

OS LOGROS ACADADOS

O logro mais importante desta tempada que rematou a finais de xuño, foi o ascenso á División de Honra Nacional do primeiro equipo masculino, éxito que xa lograra o primeiro equipo feminino, o ano anterior, ainda que nesta voltou á Primeira Nacional.
Para iso contribuiron o canteirán Rubén García, o tamén adestrador do club e ferrolano Cristóbal Fernández, o granadino Mateo Cibantos e o serbio Milos Savic.

Pero tamén temos que destacar O Campionato de España individual acadado por Mateo Cibantos en Sevilla, así como finalizar entre os 32 mellores do mundo no Campionato disputado en Elche e Alicante.

E ainda que foi o subcampionato, destacamos como importante para o club o acadado no campioanto Galego Pre-benxamin, por Xoan Vila, con 8 anos e sendo a súa primeira tempada neste deporte.

Tamén Noa Fernández do equipo de DHF, logrou un bronce en dobres acompañada pola xogadora do Oroso TM, Silvia Alvarez, e quedando ás portas dos metais na modalidade individual.

Tamén salientar que como club inclusivo, o equipo San Xoan - ADM Ferrolterra, logrou o ascenso á Terceira Nacional Masculina.

Na parte negativa o descenso do segundo equipo masculino da Segunda Nacional.


PROMOCIÓN DO TENIS DE MESA

Salientar que o club levou a cabo duas semanas de promoción entre os escolares dos municipios de Ares e Mugardos, con un grande éxito de acollida.

Iso dou lugar a xerar un convenio para unha escola deportiva a partir de outubro en Ares, e tamén se está a levar a cabo unha de verán no Casino Mugardés, onde tamén os veteranos participaron na pasada tempada na liga de veteranos, e na tempada 16-17 participarán nas ligas galegas, na 2ª categoría, con dous equipos.

Ningún comentario :

Publicar un comentario