No dia de hoxe faleceu Manuel Leirachá Bermúdez, vinculado toda a súa vida ao deporte, especialmente ao tenis de mesa, deporte no que foi fundador do Club Narón e tamén do Club Ferrol.
Ademais tamén foi directivo da Federación Española e da Federación Galega.
Hai que agradecerlle a labor feita coa base nos clubes que fundou.
O club San Xoan manifesta as condolencias á familia en especial á súa dona Mari, quen tamén estivo vinculada como dirixente e na arbitraxe.
Ningún comentario :
Publicar un comentario