******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

luns, 10 de outubro de 2016

DOBRE VICTORIA EN MADRID

Un intre dun partido de Anthony en Móstoles

ÉXITO NA SEGUNDA SAÍDA CONSECUTIVA

Logo da difícil saída a Irún na primeira xornada, e coa conseguinte paliza de quilometraxe, que se saldou coa primeira derrota no debut na categoría, afrontamos xa a segunda saída con dobre convocatoria en Madrid.

O sábado tocaba outro equipo difícil, que xa coñeciamos de hai dous anos na Primeira Nacional, o Progreso co defensivo Diamandi, Guillermo Martinez, que xa xogou en super e para completar Pedro López, que conforman un equipo dificil na categoría e que está chamado a estar na parte alta da táboa ao final da liga.

Poñiase dificil o envite ao caer derrotado Anthony, no partido entre extranxeiros, por Gerasim Diamandi por 3-1, pero o canteirán Rubén iguala ao vencer nun igualadisimo partido a Pedro López, pero de seguido as derrotas de Javi e Rubén poñen moi dificil sacar o econtro, e cando xa case non contabamos, Anthony vence ao 1 do equipo rival, a Guillermo Martinez por 2-3, igulando Javi para ir ao dobre, que venceron por 2-3 Anthony e Javi sobre Guillermo e Diamandi.

Esta victoria daba os primeiros puntos na categoría, e tamén tranquilidade á espera do encontro do domingo en Móstoles, que a priori era mais asequible, e así foi, que venceron por 5-1, con 2 puntos de Javi Benito, 2 de Anthony Olugbenga e 1 de Rubén García.

O que deixa ao equipo na zona media alta da táboa á espera de recibir ao equipo galego do Oroso TM Deporte Galego, o vindeiro sábado a partir das 17 horas no pavillón do CEIP San Xoan, onde agardamos que veñan a presenciar o debut na categoría na nosa cancha, e hencher a grada para animar e que o equipo siga na liña ascendente da fin de semana.





Ningún comentario :

Publicar un comentario