******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

mércores, 19 de outubro de 2016

COMEZOU A PRIMEIRA NACIONAL FEMININA

María Calvo, Saleta López e Andrea Valiño
O pasado sábado tivo lugar a primeira das concentracións da liga de Primeira Nacional Feminina, á que regresamos logo do paso o ano pasado pola División de Honra.
A concentración de encontros, 4 por equipo, tivo lugar no local do club Narón, que participa con dous equipos e que xunto ao Dez Portas e San Xoan Galicia Saudable, forman parte do subgrupo 1 que se enfrontaron ao subgrupo 2, formado por Club do Mar da Coruña, CTM Coruña, Monte Porreiro de Pontevedra e Vincios de Gondomar.
María e Saleta tiñan problemas físicos, e ainda así xunto con Andrea, foron capaces de lograr 2 victorias sobre Coruña por 5-1 e Vincios 4-2, e cedendo diante do Club do Mar por 4-2 e Monte Porreiro 5-1, equipo que aliñou a dúas xogadoras do equipo de División de Honra como son Noelia Santiago e Noa Bernardez.

DIVISIÓN DE HONRA MASCULINA

Recibimos visita do club galego Oroso TM Deporte Galego, que xogou con Malov, Sanmartin e Uxío, e que venceron á nosa formación, Anthony, Rubén e Fernando López, xogando éste pola ausencia de Javier Benito, por un resultado de 2-4, acadando os dous puntos locais o nixeriano Anthony Olugbenga fronte a Malov e a Uxío.
A falta de Javier Benito e a mala xornada de Rubén, impediron que poideramos acadar os primeiros puntos como locais, logo de acadar a pasada fin de semana os 4 en xogo na dobre visita a Madrid.









Ningún comentario :

Publicar un comentario