******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 ******* ******* FELIZ ANO 2018 *******

martes, 14 de outubro de 2014

VICTORIA SUFRIDA

Mateo Cibantos

MATEO CIBANTOS ABÓNDA-SE PARA GAÑAR AO AVILÉS

Un grande Mateo bastouse para gañar un encontro que se puxo dificil e igualado a pesar de que o sorteo previa unha victoria cómoda do equipo local, pero o o oficio de Félix que venceu a Rubén García e as sorprendentes derrotas de Cristóbal con Paramá e Jonatan, provou un empate a 3, coas  2 victorias individuais de Mateo e unha de Rubén sobre Jonatan.

O encontro decidiuse finalmente no dobre con Mateo Cibantos e Cristóbal Fernández polos locais e Félix González co compañeiro defensivo Jorge Paramá polos visitantes.

Cibantos e Cristóbal impuxeronse finalmente nun apretado 3-2, que supuxo a segunda victoria consecutiva nas dúas primeiras xornadas de liga, que deixa ao equipo provisionalmente nos postos de fase de ascenso a División de Honra.

O vindeiro domingo tamén en San Xoan, rinde visita o primeiro dos 4 equipos madrileños que nos teñen que visitar nesta tempada, o Tenis de Mesa Rivas, será ás 10:00, horario nesta tempada dos encontros de local do primeiro equipo do club, agás dous sábados por desprazamento triple de equipos madrileños que serán en sábado.

Ningún comentario :

Publicar un comentario