Fernando López no encontro do sábado |
O HOTEL CHIPS - SAN XOAN FALTOULLE FORTUNA
Logo da grande victoria en Pontevedra a pasada fin de semana, o equipo non tivo fortuna nun encontro igualado co equipo cántabro de Torrelavega, que arriesgou menos e logrou dous puntos importantes para os postos da parte alta da táboa do grupo 2.
Jonatan Suspes e Victor Paez non tiveron o seu día, sobre todo Paez que perdeu en ventaxas nos dous encontros, e simplemente que un dos partido caera do seu lado, provocaría a prórroga, logo das victorias de Fernando López que debutaba na categoría, vencendo a Yoel Escalante e Javier Recio por 3-1 e 3-2, o teceiro xogador cántabro Luis Miguel Rojo logrou vencer a Jonatan Suspes e Victor Paez, que ademais perderon con Javier Recio e Yoel Escalante logrando así os 4 puntos visitantes.
RESULTADO ENGANOSO PARA O SAN XOAN VETERANOS
A veteranía de Antonio Casal, José Manuel Fernández e Fernando García non foi suficiente, a pesar de dar guerra xa que Casal e Fernández perderon en apretados partidos con Rubén Veiga, e tamén Casal con Antón Martin por resultados de 3-2, e que o resultado ben puido ser outro diferente ao 1-5, que sinalaba ao final do citado encontro que era o primeiro dos derbis a xogar no grupo 1 da Segunda Nacional, desta vez co Naronense, e ainda queda o enfrontamento co actual líder o club Ferrol.
Ningún comentario :
Publicar un comentario